Itinerarios formativos
O Programa SONEXECUTIVA realizarase en dous niveis formativos, nos que a diferenza se encontra na experiencia previa e na situación profesional das participantes. O nivel 1 está destinado a mulleres con algún cargo directivo e experiencia profesional, empresarias en activo (como por exemplo autónomas) ou que estean a desenvolver responsabilidades de xerencia nunha pequena ou mediana empresa, e o nivel 2 diríxese a mulleres recentemente tituladas universitarias ou en FP con perfil de alta cualificación que desexen acceder a postos intermedios nas empresas, orientar a súa traxectoria profesional ou lanzar o seu propio proxecto.
O programa inclúe, polo tanto, formación en dous niveis no Curso Executiva. Programa de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino, dirixido a 400 participantes, que se realizará nas principais cidades de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra.
Formando parte do itinerario formativo, o 20% das participantes poderán realizar un Curso de Dirección de Proxectos – Preparación da Certificación Oficial PMP® ou CAPM®, segundo corresponda ao nivel formativo e de experiencia da participante. Este curso realizarse para todas a participantes seleccionadas en Santiago de Compostela.
Itinerario Nivel 1
Curso Executiva. Programa de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino. Nivel 1. (20 horas)
Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes, en cada unha en cada unha das seguintes cidades de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.
O curso desenvolverase en cinco sesións consecutivas, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.
- Habilidades fundamentais de xestión
- Coñecendo ao individuo
- Comunicación
- Asertividade
- Empatía e Cambio
- Traballo en equipo
- Axuda mutua
- Aprender a ensinar
- Liderando o equipo
- Delegación e motivación
- Compromiso dos colaboradores
- Xestión de conflitos
- Xestión do estrés e mindfulness
- Optimización do tempo con eficacia – jobcrafting. Prácticas para aumentar a eficiencia e conseguir a conciliación laboral
- Comunicación persoal. Programación Neuro Lingüista ( PNL) aplicada á mellora da comunicación
- Marca persoal e marca persoal dixital – Visibilidade e desenvolvemento profesional
- Estratexia dixital persoal – Networking dixital
- Diferenciar entre High Performance e High Potential – Xerar autoconfianza, fomentar a proactividade e a visibilidade do talento feminino na contorna laboral
- Crear redes profesionais na organización e fóra da organización
- Relacións sociais, conciliación rendible e traballo flexible. Corresponsabilidade
- Exercer o liderado e a Influencia sobre os colaboradores (Xestión da Negociación Salarial)
- Empoderamento da linguaxe. Superando o Teito de Cristal e o Teito de Cemento
Curso de Dirección de Proxectos PMP® (40 horas)
Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes en cada unha, en Santiago de Compostela.
O curso desenvolverase en dez sesións, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.
Tema 1.- A Certificación PMP®; Introdución
Tema 2.- Marco Conceptual
Tema 3.- Área de Xestión da Integración
Tema 4.- Área de Xestión do Alcance
Tema 5.- Área de Xestión do Cronograma
Tema 6.- Área de Xestión dos Custos
Tema 7.- Área de Xestión da Calidade
Tema 8.- Área de Xestión dos Recursos
Tema 9.- Área de Xestión das Comunicacións
Tema 10.- Área de Xestión dos Riscos
Tema 11.- Área de Xestión das Adquisicións
Tema 12.- Área de Xestión do Interesados
Tema 13.- Aspectos non recollidos na Guía do PMBOK®
Tema 14.- Código Ético do Project Manager, responsabilidade profesional.
Tema 15.- Preparación da documentación para o exame de certificación PMP®. Co achegamento a este tema comezarase a traballar cos simuladores online dos exames PMP®
Itinerario Nivel 2
Curso Executiva. Programa de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino. Nivel 2. (20 horas)
Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes en cada unha das seguintes cidades Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.
O curso desenvolverase en cinco sesións consecutivas, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.
- Habilidades fundamentais de xestión
- Coñecendo ao individuo
- Comunicación
- Asertividade
- Empatía e cambio
- Traballo en equipo
- Axuda mutua
- Aprender a ensinar
- Liderando o equipo
- Delegación e motivación
- Compromiso dos colaboradores
- Xestión de conflitos
- Xestión do estrés e mindfulness
- Optimización do tempo con eficacia – jobcrafting. Prácticas para aumentar a eficiencia e conseguir a conciliación laboral
- Comunicación persoal. Programación Neuro Lingüista ( PNL) aplicado a mellóra da Comunicación
- Marca persoal e marca persoal dixital – Visibilidade e desenvolvemento profesional
- Estratexia dixital persoal – Networking dixital
- Aprendendo a liderar. Exercer o liderado e a influencia sobre os colaboradores
- A análise e a toma de decisións
- Negociación persoal e profesional
- Fomentar a proactividade e a visibilidade do talento feminino na contorna laboral
- Crear redes profesionais na organización e fóra da organización. Relacións Sociais
- Empoderamento da linguaxe. Superando o Teito de Cristal e o Teito de Cemento
Curso de Dirección de Proxectos CAPM® (40 horas)
Realizaranse dúas edicións, de 20 participantes en cada unha, en Santiago de Compostela.
O curso desenvolverase en dez sesións, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30h.
Tema 1.- A Certificación CAPM®; Introdución
Tema 2.- Marco Conceptual
Tema 3.- Área de Xestión da Integración
Tema 4.- Área de Xestión do Alcance
Tema 5.- Área de Xestión do Cronograma
Tema 6.- Área de Xestión dos Custos
Tema 7.- Área de Xestión da Calidade
Tema 8.- Área de Xestión dos Recursos
Tema 9.- Área de Xestión das Comunicacións
Tema 10.- Área de Xestión dos Riscos
Tema 11.- Área de Xestión das Adquisicións
Tema 12.- Área de Xestión do Interesados
Tema 13.- Aspectos non recollidos na Guía do PMBOK®
Tema 14.- Código Ético do Project Manager, responsabilidade profesional.
Tema 15.- Preparación da documentación para o exame de certificación CAPM®. Co achegamento a este tema comezarase a traballar cos simuladores online dos exames CAPM®