Estrutura e contidos do programa

Xornada inaugural

21 de febreiro de 2020

Santiago de Compostela

Curso Executivas. Nivel 1/ Nivel 2

Febreiro – Outubro 2020

Aula Virtual

400 mulleres

Curso certificación – PMP®/CAPM®

Xuño- Setembro 2020

Aula Virtual

80 mulleres

Coaching individualizado

Febreiro – Outubro 2020

Aula Virtual

400 mulleres

Xornada de clausura NETWORKING

Novembro 2020

Santiago de Compostela

Xornada Inaugural

O Programa SONEXECUTIVA dará comezo cunha xornada inaugural na que se realizará un seminario de liderado con relatorios especializados, ademais de poder participar nunha dinámica de alto impacto para a superación de desafíos persoais e profesionais. ¡Desafíate!.

Itinerarios formativos

Desenvolveranse no programa dous itinerarios en función do perfil das participantes.

Itinerario formativo Nivel 1

Curso Executivas Nivel 1. Formación en desenvolvemento profesional e estilo de liderado para promocionar as mulleres galegas á postos de alta dirección, mellorando o seu perfil directivo, para o seu ascenso profesional, e facilitando deste xeito o seu acceso a funcións de alta dirección.

Curso de Dirección de Proxectos PMP®. Coas participantes no Nivel 1 farase una selección de 40 candidatas para que asistan a unha formación de Dirección de Proxectos PMP®. Trátase da formación preparatoria esixida para obter a certificación internacional PMP®, do instituto PMI®. As alumnas que finalicen esta formación terán dereito á realización do exame de certificación correspondiente.  Saber máis do proceso de certificación oficial incluído no programa.

Itinerario formativo Nivel 2

Curso Executivas Nivel 2. Formación para mellorar nas mulleres galegas, sen necesidade de experiencia directiva previa, as capacidades de toma de decisións, traballo en equipo, xestión de conflitos e conseguir o deseño dun plan personalizado de mellora de competencias profesionais.

Curso de Dirección de Proxectos CAPM®. Coas participantes no Nivel 2 farase una selección de 40 candidatas para que asistan a unha formación de Dirección de Proxectos CAPM®. Trátase da formación preparatoria para obter a certificación internacional CAPM®, sen necesidade de dispoñer de experiencia previa en xestión de proxectos. As alumnas que finalicen a formación terán dereito á realización do exame de certificación correspondiente. Saber máis do proceso de certificación incluído no programa.

Coñece polo miúdo a formación incluída nos itinerarios formativos do Programa SONEXECUTIVA aquí.

Coaching individualizado

A medida que as alumnas finalicen a súa formación no curso Executiva do nivel correspondente, dará comezo o seu programa individualizado de coaching, que se distribuirá en tres sesións, cunha cadencia entre sesións que lle permitirá á alumna traballar nos obxectivos fixados co seu coach.

Xornada de clausura – Networking

O Programa SONEXECUTIVA clausurarase cunha xornada na que se constituirá unha red de networking, na cal as alumnas participantes poderán compartir experiencias e xerar unhas ligazóns de relacións efectivas con outras mulleres directivas. Nesta sesión traballarase ademais unha dinámica de alto impacto co obxectivo de aumentar a capacidade de superación de desafíos das participantes.

Se queres mellorar as oportunidades do teu talento feminino para acceder a postos de maior responsabilidade, este é o programa que necesitas.

Desafíate e inscríbete no Programa SONEXECUTIVA!

Inscribirme agora