Coaching
O programa de coaching, incluído dentro do Programa SONEXECUTIVA, está dirixido a todas as participantes e ten unha duración de 4 horas de adestramento individualizado, dividido en tres sesións. Trátase dun programa de adestramento profesional individual para canalizar o alto potencial feminino. É un programa que pretende descubrir o talento, a sabedoría e a capacidade de cada unha das participantes para poñer estas virtudes ao servizo dos seus retos e obxectivos profesionais e persoais, axudando a identificar e desenvolver o talento escondido nas organizacións.
Co coaching executivo, as participantes desenvolven habilidades relacionados coa auto aprendizaxe, o liderado, a orientación ao logro, a visión empresarial, a motivación, a planificación, a organización, a adaptabilidade, a flexibilidade e a negociación, entre outras.
O obxectivo do programa de coaching é o deseño dun plan de mellora persoal individualizado (IDP: Individual Development Program) mediante un programa de desenvolvemento para cada unha das alumnas e segundo a súa contorna.
Planificación das sesións
Sesión 1
Acordo e Obxectivos
Sesión 2
Coaching Executivo. Seguimento de obxectivos definidos
Sesión 3
Avaliación de resultados, entrega do IDP e plan de continuación