Requisitos de participación

NIVEL 1

Dirixido a mulleres con centro de traballo en Galicia, con algún cargo directivo e experiencia profesional, e a empresarias en activo, que xa sexan autónomas ou desenvolvan tarefas de xerencia nunha pequena ou mediana empresa.

Requisitos:

Titulación universitaria ou FP de grado superior e con experiencia profesional nun cargo directivo, ademais de empresarias en activo, como autónomas ou que desenvolvan tarefas de xerencia dunha pequena ou mediana empresa.

De xeito adicional, se tes interese en participar no curso de Certificación de PMP®*, deberás acreditar:

  • 4.500 horas de experiencia* liderando e dirixindo proxectos, durante os últimos 8 anos, no caso de que posúas un título universitario.
  • 7.500 horas de experiencia* liderando e dirixindo proxectos, durante os últimos 8 anos, no caso de que posúas un título de FP.

*A experiencia laboral ten que ser demostrable. O xeito máis habitual de confirmar a experiencia é a través de clientes ou empresas para os que se realizou algún traballo de xestión. Estes, mediante un escrito, poden certificar tanto os labores realizados como as horas empregadas.

NIVEL 2

Dirixido a mulleres con centro de traballo en Galicia, recentemente tituladas universitarias ou FP, con perfil de alta cualificación, que desexen acceder a un posto de mando intermedio nas empresas, orientar a súa traxectoria profesional ou lanzar o seu propio proxecto.

Requisitos:

Titulación universitaria ou FP de grado superior con interese en acceder a un posto de mando intermedio nunha empresa, orientar a súa traxectoria profesional ou lanzar o seu propio proxecto.

De xeito adicional, se tes interese en participar no curso de Certificación de CAPM®*, no caso deste nivel non é necesario acreditar experiencia previa, aínda que si se solicitará o compromiso firme de participación no proceso de certificación.