Proceso de selección de alumnas
1
Inscricións candidatas
2
Achega da documentación solicitada
3
Avaliación do CV
4
Entrevista persoal
5
Decisión comité
6
Comunicación seleccionadas
1.- Inscrición de candidatas
O proceso de inscrición realizarase a través do formulario web.
Non se admitirá ningún outro tipo de vía para a inscrición de candidatas.
A fase de inscrición pechouse o pasado día 20 de febreiro, ainda que se mantén aberto para o Nivel 2 nas cidades de Lugo e Ourense.
2.- Achega da documentación solicitada
Unha vez recibida a solicitude de inscrición, solicítase ás candidatas unha documentación que teñen que remitir ao equipo de selección, nun prazo de tres días.
No caso de non achegar a documentación no devandito prazo, a súa inscrición pode ser descartada, para facilitar o acceso ás prazas dispoñibles por outra candidata.
3.- Avaliación do CV
Realizarase unha avaliación do CV da candidata para proceder á súa inscrición oficial e determinar a súa posibilidade de participar no nivel solicitado.
A alumna recibirá unha confirmación da súa inscrición no programa e pasará á fase de entrevista.
4.- Entrevista persoal
Contactarase con cada alumna rexistrada no programa para facer unha entrevista telefónica na que se avaliará:
- Dispoñibilidade da alumna para realizar a formación nas datas previstas
- Interese da alumna no programa e na realización da certificación PMP/ CAPM, segundo corresponda
A continuación indícase o calendario previsto para a realización das entrevistas persoais:
- A Coruña: 12/02/2020 ao 21/02/2020 (fase pechada)
- Lugo: 24/02/2020 ao 06/03/2020
- Ourense: 24/02/2020 ao 06/03/2020
- Pontevedra: 09/03/2020 ao 20/03/2020
- Santiago de Compostela: 23/03/2020 ao 31/03/2020
5.- Decisión comité
O comité avaliador decidirá as candidatas seleccionadas en base aos criterios de selección establecidos para o programa, que son os seguintes:
Nivel 1 (cualificación de criterios sobre 20 puntos)
- Experiencia laboral (máximo 4 puntos)
- >10 anos – 4 puntos
- Entre 8 e 10 anos – 3 puntos
- Entre 5 e 8 anos – 2 puntos
- Entre 3 e 5 anos – 1 punto
- Tipo de entidade ou entidades na que ten a experiencia máis recente (máximo 3 puntos)
- Empresa privada ou propia – 3 puntos
- Asociacións sen ánimo de lucro – 2 puntos
- Administración Pública – 1 punto
- Experiencia Directiva – Postos de Dirección de persoas, departamentos ou experiencia como empresaria (máximo 5 puntos)
- Maior de 5 anos – 5 puntos
- Maior de 4 anos – 4 puntos
- Maior de 3 anos – 3 puntos
- Maior de 2 anos – 2 puntos
- Maior de 1 ano – 1 punto
- Actitude e Motivación cara ao Programa (máximo 4 puntos)
- Capacidade de participación en PMP (máximo 4 puntos)
Criterio de desempate: Rigorosa orde de inscrición.
Nivel 2 (cualificación de criterios sobre 15 puntos)
- Experiencia laboral (máximo 4 puntos)
- Sen experiencia – 4 puntos
- Menor de 1 ano – 3 puntos
- Entre 1 e 2 anos – 2 puntos
- Entre 2 e 3 anos – 1 punto
- Maior de 3 anos – 0 puntos
- Tipo de entidade ou entidades na que tivo a experiencia (máximo 3 puntos)
- Empresa privada ou propia – 3 puntos
- Asociacións sen ánimo de lucro – 2 puntos
- Administración Pública – 1 punto
- Actitude e Motivación cara ao Programa (máximo 4 puntos)
- Capacidade de participación en CAPM (máximo 4 puntos)
Criterio de desempate: Rigorosa orde de inscrición.
6.- Comunicación de alumnas seleccionadas
Unha vez avaliadas as alumnas de cada nivel comunicarase de forma individual o estado de cada candidatura.