Continua a avaliación das candidatas para o Programa SONEXECUTIVA
O proceso de avaliación das candidatas para o Programa SONEXECUTIVA continúa aberto
O Programa SONEXECUTIVA de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino vén de pechar o seu prazo de inscrición acadando unha fantástica acollida: son máis de 750 as solicitudes achegadas para formar parte desta iniciativa. A fase de inscrición continuará aberta uns días máis para as cidades de Lugo e Ourense.
Unha vez avaliados os CV co fin de verificar a aptitude dos diferentes perfiles para participar no nivel solicitado, comeza a seguinte fase do proceso de selección de alumnas, pasando por unha fase de entrevista individual.
Nestas semanas estamos a facer as entrevistas persoais, tendo en conta a orde de realización das formacións, cerrando os grupos pola seguinte orde: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O calendario previsto para a realización das entrevistas persoais é o seguinte:
- A Coruña: 12/02/2020 ao 21/02/2020 (fase pechada)
- Lugo: 24/02/2020 ao 28/02/2020
- Ourense: 24/02/2020 ao 28/02/2020
- Pontevedra: 02/03/2020 ao 13/03/2020
- Santiago de Compostela: 16/03/2020 ao 25/03/2020
A entrevista ten como obxectivo determinar a dispoñibilidade das candidatas para realizar a formación nas datas previstas, así como o interese da alumna no programa e na realización da certificación PMP/ CAPM, segundo corresponda.
Unha vez concluída esta fase, o comité avaliador decidirá as candidatas seleccionadas en base aos criterios de selección establecidos para o programa e comunicará de forma individual o estado de cada candidatura.
As primeiras en coñecer o resultado da súa candidatura serán as inscritas para facer a formación en A Coruña, iniciando a formación do primeiro grupo a vindeira semana.
Lembramos que o Programa SONEXECUTIVA abrangue o Curso Executiva. Programa de Liderado, Creatividade e Empoderamento Feminino, dirixido a 400 participantes. O programa terá lugar entre os meses de febreiro e setembro de 2020 e se realizará nas principais cidades de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.